Remata, como quen di, o día das letras galegas. O primeiro ano que pasa ante mín sen que me dea casi conta. Estou en Madrid. En realidade, hoxe estiven en Getafe. De festa, tamén; pero era outro tipo de festa.
Non estiven na manifestación de Santiago, aínda que onte te pedín que foses. Tampouco lin nada en galego. Non fixen teatro en galego. Non escoitei unha gaita chorar de pena pola lingua galega. Nada. Falei, si, falei en galego cun lugués ao que lle pedín que fixese unha queimada, que tiña ganas de norte. Pero iso foi todo.
Un día máis das letras galegas. Como tantos outros. Un ano máis. Ou un escritor menos. E eu un pouco menos galega que outras veces. Pero iso non fai que non te senta preto de mín, nun recordo húmido de sal na pel seca, Galiza.
HAI 29 ANOS
Hace 8 horas

1 comentarios:
Ola afillada. Díxome un paxariño que vas vir por Galicia. Non deixes de poñerte en contacto comigo, se tes un minuto e ganas. Bicos.
Publicar un comentario en la entrada